lunes, 17 de mayo de 2021

LETRAS

Luns, 17 de  maio de  2021
 
 

Vide,

Convídovos ao espectáculo de non ser para ser de todo.

Vide que vos convido a vos ver.

Ven que te reto

A te ver a ti desde ti en ti.

Intempériome ( 2003)

 
 
Boas camaradas

Como no futbolístico hai pouco que rabuñar,
vou tentar facerlle a pelota ao MAIN con esta entrada en galego.

Hai un tempo acusáronme de non usar este dialecto en absoluto, así que con isto vou saldar unha débeda pendente e aumentarei as miñas posibilidades de converterme, máis cedo ca tarde no delfín que aspiro (e merezo)  ser.

 

Coma digo, son tempos de incerteza, de cal vai ser o noso futuro anglogalicioso, supoño cos máis vellos da manada xa estarán vacinados ou a piques de estalo, pero por outra banda estamos os demais, os que non chegamos a esa franxa de vellez, os que aínda podemos correr nos partidos, ou, os que aínda temos a capacidade de poñer vacina de banano ós tractores nas nosas incursións a vella Albión.

Nós aínda estamos lonxe de estar inmunizados e por tanto, lonxe de poder pensar a curto prazo en xogar unha nova edición deste prestixioso campionato.

 

E por tanto, a falta de fútbol, dedico o meu tempo a ir de tasca en tasca, de cervexa en cervexa, de petisco en petisco.

Non creades que a miña é unha vida perdida e sen sentido, non, nestes lugares un aprende moitas cousas dos vellos do lugar e da vida en xeral, e da para facer moitas reflexións, sobre todo e a medida cas cervexas van caendo.

 

Por poñer un exemplo, o outro día estaba eu nunha taberna, poñéndome ó día no Marca sobre os equipos ingleses ( por certo, vaia desfeita dos equipos de Sheffield, o nivel dos Stags…), cando decateime de dous parroquianos que alporizados discutían sobre un penalti sinalado a un equipo que rematou sendo penalti na outra área, por obra e graza do VAR.

 

E como digo, a min deume por reflexionar e pensar, pero si, xa todo está inventado polo MAIN, si vai sempre un paso por diante, si eso xa pasou na Anglogalician, na última (E derradeira?) vez cos ingleses viñeron a Galicia, cando un gol dos ingleses foi revisado e anulado por un penalti na súa area, e todo eso sin arbitro, sin VAR, e sin caralladas, só co mandato divino do noso MAIN, ( e obvio, cos gritos e improperios dos xogadores dámbolos dous equipos) sempre innovando e sempre adiantándose os acontecementos.

Bó día das letras a todos, todas e todes.