Luns, 17 de maio de 2021
Vide,
Convídovos ao espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido a vos ver.
Ven que te reto
A te ver a ti desde ti en ti.
Intempériome ( 2003)
Boas camaradasComo no futbolístico hai pouco que rabuñar,
vou tentar facerlle a pelota ao MAIN con esta entrada en galego.
Hai un tempo acusáronme de non usar este dialecto en absoluto, así que con isto vou saldar unha débeda pendente e aumentarei as miñas posibilidades de converterme, máis cedo ca tarde no delfín que aspiro (e merezo) ser.
Coma digo, son tempos de incerteza, de cal vai ser o noso futuro anglogalicioso, supoño cos máis vellos da manada xa estarán vacinados ou a piques de estalo, pero por outra banda estamos os demais, os que non chegamos a esa franxa de vellez, os que aínda podemos correr nos partidos, ou, os que aínda temos a capacidade de poñer vacina de banano ós tractores nas nosas incursións a vella Albión.
Nós aínda estamos lonxe de estar inmunizados e por tanto, lonxe de poder pensar a curto prazo en xogar unha nova edición deste prestixioso campionato.
E por tanto, a falta de fútbol, dedico o meu tempo a ir de tasca en tasca, de cervexa en cervexa, de petisco en petisco.
Non creades que a miña é unha vida perdida e sen sentido, non, nestes lugares un aprende moitas cousas dos vellos do lugar e da vida en xeral, e da para facer moitas reflexións, sobre todo e a medida cas cervexas van caendo.
Por poñer un exemplo, o outro día estaba eu nunha taberna, poñéndome ó día no Marca sobre os equipos ingleses ( por certo, vaia desfeita dos equipos de Sheffield, o nivel dos Stags…), cando decateime de dous parroquianos que alporizados discutían sobre un penalti sinalado a un equipo que rematou sendo penalti na outra área, por obra e graza do VAR.
E como digo, a min deume por reflexionar e pensar, pero si, xa todo está inventado polo MAIN, si vai sempre un paso por diante, si eso xa pasou na Anglogalician, na última (E derradeira?) vez cos ingleses viñeron a Galicia, cando un gol dos ingleses foi revisado e anulado por un penalti na súa area, e todo eso sin arbitro, sin VAR, e sin caralladas, só co mandato divino do noso MAIN, ( e obvio, cos gritos e improperios dos xogadores dámbolos dous equipos) sempre innovando e sempre adiantándose os acontecementos.
Bó día das letras a todos, todas e todes.